José María Morales Carballo

Mariano Tito Vázquez
José Manuel García Iglesias

É en 1900 cando M. Vázquez asina o retrato do decano da Facultade de Medicina José María Morales Carballo, quen ocupa o cargo desde 1868 ata o seu pasamento (A. Franco Grande, 2014, p. 1283; R. Gurriarán, X. A. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014). Con el parece que se pretende iniciar unha galería de decanos da Facultade de Medicina. Represéntase con traxe escuro, en disposición frontal e coa medalla de doutor. Sempre estivo vinculado este retrato á Facultade, primeiro no Colexio de Fonseca e, actualmente, no Salón de Graos do devandito centro (J. M. García Iglesias, 2016, p. 212-214). Cómpre relacionar a citada sinatura coa que, neste momento, utiliza Mariano Tito Vázquez, quen, posteriormente, será especialmente coñecido como Tito Vázquez (J. M. López Vázquez, 1997). Este pintor chega a Compostela en 1889 polo cal esta obra ten que considerarse entre as primeiras aquí realizadas.

Figura como doutorado en abril de 1838 (Memoria, 1860, p. 128) pero non se cita entre o persoal docente da facultade no curso 1856-1857 (Anuario, 1857, pp. 66-67) pero si como catedrático numerario na memoria do curso 1859-1860 (Memoria, 1860, p. 123; Memoria, 1861, p. 87. Vid. A. Franco Grande, 2014, p. 1283).

Carballo morrera 26 anos antes e o outro, Andrey, faleceu nese mesmo ano. Encóntrase, aínda en 1956, no decanato da Facultade (J. Carro Amigo, 1956, pp. 43-44). Hoxe, como a xeneralidade da galería de decanos de Medicina, disponse no Salón de Graos da Facultade (Vid. R. Gurriarán, X. Otero Costas, J. M. García Iglesias, 2014; J. M. García Iglesias, 2016, pp. 212-214 ).

A. Franco Grande, 2014: A. Franco Grande, La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela, Andavira Editora, 2014.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.

R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014: R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, A galería de decanos da Facultade de Medicina, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014.

J. M. López Vázquez, 1997: J. M. López Vázquez, “Tito Vázquez”, en A. Pulido (dir.): Artistas gallegos. Pintores. El Regionalismo, Vigo, Nova Galicia (1997), pp. 103-139.

 

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000383
Autoría: Mariano Tito Vázquez
Título: José María Morales Carballo
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1900
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 93 cm  Ancho: 74 cm  Fondo: 7 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina