José María Suárez Núñez

María Carrera
José Manuel García Iglesias

A vida de Suárez Núñez transcorre entre 1932 e 1987. Foi reitor entre os anos 1979 e 1984. María Carrera preséntao no seu despacho, ante unha mesa cuberta cunha ornamentada tea amarela, quizais para vinculalo deste modo cos estudos de Medicina dada a súa condición de catedrático de Anatomía. Posa sentado, cun brazo sobre dita mesa, levando na súa man esquerda un libro, en tanto que na outra, mantén o bastón de mando. A súa indumentaria é a propia dun reitor, coa súa medalla ao peito e, no fondo, pode verse un andel con libros e un cortinado verde que completan a composición. El foi o responsable da posta en marcha desta galería reitoral na nova Reitoría e co seu retrato conclúe a achega desta artista a ela.

Nado en Compostela, licenciouse en Medicina na súa Universidade en 1955. (Vid. Gran Enciclopedia, 1974, XXIX, pp. 2-3; Gran Enciclopedia Gallega, 2004, XLI, p. 159). Catedrático de Anatomía e Reitor, deixou unha fonda pegada na Universidade compostelá (Vid. http://tv.usc.es/mmobj/index/id/2723). O seu labor como odontólogo é tamén especialmente recordado,  de xeito que foi nomeado Membro de Honor do Colexio Oficial de Odontólogos da Coruña en 1979 (Vid. https://www.icoec.es/el-colegio/historia).

Foi senador na lexislatura constituínte, 1977-1979. (Vid. http://www.senado.es/web/composicionorganizacion/senadores/composicionsenado/fichasenador/index.html?lang=es_ES&legis=0&id1=12186 ).

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, pp. 209-210.

Gran Enciclopedia Gallega, 1974: Gran Enciclopedia Gallega, Santiago de Compostela (Gran Enciclopedia Gallega), 1974 e ss.

Gran Enciclopedia Gallega, 2004: Gran Enciclopedia Gallega, Lugo (El Progreso-Diario de Pontevedra), 2004 e ss.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000205
Autoría: María Carrera
Título: José María Suárez Núñez
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1980
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 115 cm  Ancho: 88 cm   Alto: 142,5 cm  Ancho: 115,5 cm   Fondo: 7,5 cm
Materiais: 
Lenzo