José Peña Guitián

Consuelo Gil de la Peña

Aínda que se dedica principalmente á escultura, Consuelo Gil de la Peña traballa tamén coa pintura. Neste caso, realiza o retrato do profesor José Peña Guitián, o cal aparece no seu despacho, sentado tras a súa mesa cun libro aberto entre as súas mans e outra serie de libros amontoados, entre o que se ve un Tratado da Pediatría -a súa especialidade-; decorando o fondo da estancia aparece un cadro. Consuelo Gil emprega unha pintura de toque, de mancha e moi difuminada, que contrasta cun maior detallismo no rostro do personaxe que se detén un momento da lectura para posar. Xoga coa luz e as sombras lembrando os recursos dos impresionistas. A obra foi mercada pola universidade á autora en 1994, cun custe de adquisición de 150.000 pesetas. Asinado no a.i.d.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000376
Autoría: Consuelo Gil de la Peña
Título: José Peña Guitián
Temas: 
Retrato
Masculino
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 81 cm Longo: 65 cm Alto: 94,5 cm Longo: 78 cm Ancho: 5 cm (con marco )
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina