José Ramón Masaguer

María Carrera
José Manuel García Iglesias

José Ramón Masaguer naceu en Vigo en 1924 e faleceu en 1997. Foi reitor entre 1972 e 1974 e, posteriormente, en 1976 trasládase á Autónoma na súa condición de catedrático de Química Inorgánica. A pintora María Carrera preséntao na soidade do laboratorio, nun espazo iluminado por unha ventá. Está en pé, ante unha mesa na que se acumulan materiais e instrumental propio do seu quefacer como químico. A súa indumentaria, en cambio, é a propia dun reitor, coa medalla ao peito. O interese pola luz resulta, neste caso, notorio. Segue, no xeral, as fórmulas propostas por esta artista para concretar a galería reitoral.

Cursou Química en Santiago entre 1941 e 1946. Ao ano seguinte xa era profesor nesta Universidade. O seu doutoramento preséntao en Madrid, en 1954. É catedrático de Química Inorgánica desde 1963. Trasládase á Autónoma en 1976. Foi director xeral de Ordenación Educativa do Ministerio de Educación (1974-1976) e director do Centro de Estudos Avanzados do Instituto Nacional de Prospectiva da Presidencia do Goberno entre 1977 e 1979 (Vid. X. Ramón Barreiro Fernández, 2003, II, p. 111; J. M. García Iglesias, 2016, p. 209).

X. R. Barreiro Fernández, 2003: X. R. Barreiro Fernández (coord.), Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela (Parlamento de Galícia- Real Academia Galega) , 2ª Ed. 2003, 2 vols.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000200
Autoría: María Carrera
Título: José Ramón Masaguer
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1974
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 114 cm. Longo: 88 cm Alto: 142 Longo: 115 Ancho: 5,5 cm.
Materiais: 
Lenzo industrial