José Varela de Montes

Dionisio Fierros
José Manuel García Iglesias

Por un acordo da Xunta de Decanos, ao día seguinte da morte de Varela de Montes en 1868, proponse que “… se solicite del Gobierno de la Nación la autorización para colocar el retrato de este sabio maestro en la Biblioteca de la Universidad entre los de los hombres ilustres que la honran y ennoblecen”. E alí chegará este retrato, seis anos despois de facelo, como un agasallo de Dionisio Fierros que agradece ao reitor Casares. Conta cun texto que di así: “A D. José Varela de Montes/ recuerdo de amistad/ del autor/ Dº Fierros/ 1874”. Correspóndese, pois, coa época da segunda estadía do pintor en Galicia -entre 1873 e 1876- .

Pouco ten que ver o interese manifestado pola Xunta de Decanos para acometer esta obra coa súa realización (J. Carro Otero, 1987, p. 687). A amizade entre o retratado e o seu pintor debeu de nacer alá por 1855, data na que se encadra o primeiro retrato que lle fixo, coincidindo naquel caso cos tres primeiros anos -entre 1855 e 1858- que Fierros pasou en Compostela. Foron tempos aqueles -concretamente, en 1856- en que se pon en marcha a Revista de Ciencias Médicas, que dirixe o propio Varela de Montes (X. R. Barreiro Fernández, p. 312).

Como se sinalaba anteriormente, Dionisio Fierros recibirá por esta doazón unha agradecida carta do reitor Casares: “con el dáse testemuño do xusto aprecio en que se ten a memoria dun dos máis acreditados profesores que tivo a Universidade, senón tamén porque así posúe o establecemento unha obra máis dun dos artistas contemporáneos que honran a nación española (31 de Xullo de 1874)” (J. Carro Otero, 1987, p. 687).

Neste caso, tamén pode partirse dunha imaxe súa dese tempo, aínda cando cabe relacionala coa achega que Elvira Santiso deixou nesta galería de retratos (J. Carro Otero, 1987, pp. 688-689), cun modo de mostrarnos o personaxe -na representación do rostro- dunha forma lixeiramente distinta , ao que propón no retrato da galería de decanos de Medicina e tamén na aclamación que asina a propia Santiso. Chama a atención o feito de que a banda que o distingue combina o branco do centro co gris dos laterais; iso quizais deba explicarse partindo da idea de que quen pinta toma como modelo unha fotografía ou un gravado que, ao ser en branco e negro, non achega a información debida xa que alí onde está o gris deberíase usar ou ben o amarelo, propio da Orde de Isabel a Católica, ou o azul que distingue a quen, como el, é cabaleiro da Orde de Carlos III. É probable que a pintora en cuestión teña en conta o gravado que asina Severini -trátase do gravador en madeira madrileño, discípulo da Real Academia de San Fernando quen tamén colaborou cos xornais El Museo Universal, Seminario Pintoresco Español e La Ilustración Española- e que se publica en 1873 (El Anfiteatro Anatómico Español. I, 4 (1873), p. 41).

O punto de partida deste retrato (Vid. J. Carro Otero, 1987, pp. 686-688; C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996, p. 121) pode estar noutro anterior, tamén de Dionisio Fierros, datado en 1855 e que en 1952 era propiedade de Dna. Josefa Varela de la Peña (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 4). Tal pintura encóntrase actualmente no Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 4). A súa data correspóndese co ano en que se lle outorga a Gran Cruz de Isabel a Católica (J. Otero Pedrayo, 1987, p. 685). Ten a obra resultante algo de retrato oficial, conmemorativo, tendo en conta o interese en reflectir o personaxe con frac e diferentes condecoracións.

Cóntase, ademais, cunha fotografía deses anos do estudio compostelán de J. Palmeiro e Fillo, realizada cando Varela de Montes ten aproximadamente 60 anos, é dicir, cara a 1856 (J. Carro Otero, 1987, pp. 683, 691). Aquí aparecen as tres mesmas condecoracións: “Dúas prendidas nunha fibela-pasador común, sobre a de cabaleiro da Moi Distinguida Orde de Carlos III, á esquerda do observador, outorgada polo Goberno en 1843 a petición do entón reitor da Universidade compostelá, D. Juan José Viñas, e a do Mérito Sobresaliente en Medicina que lle foi concedida como recompensa polo seu Ensaio de Antropoloxía. A terceira é a ‘placa’ da Gran Cruz da ‘Real Orde Americana de Isabel a Católica’, á que tamén pertencen a ‘banda’ con ‘vieira’ e a ‘cadea’ que como miniatura colga do ollal da lapela, xusto galardón con que é distinguido novamente polo Goberno en 1855” (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 684). Con todo, existe unha diferenza notable entre un resultado e o outro; se quen o fotografía busca xerar distancia utilizando un punto de vista baixo, o pintor aproxímanos ao rostro do personaxe facendo que a luz nos mostre os seus trazos e, máis que nada, a viveza da súa mirada perspicaz e analítica.

En 1945 este cadro aínda está na biblioteca Universitaria (F. Esmorís Recamán, 1945. Cítao J. Carro Otero, 1987, p. 687). En 1956 a súa localización é na escalinata do edificio da Universidade. Polas obras que se realizan, en 1960 trasládase e, en 1987, está depositado no despacho do profesor Otero Varela na Facultade de Dereito, por aquel entón situado neste mesmo inmoble (J. Carro Otero, 1987, p. 687). Alí continúa en 1996 (C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996, p.121). Actualmente atópase no despacho do decano da Facultade de Medicina (Vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 149-150; 201-204).

Naceu en Santiago en 1796 e morreu en 1868 (Vid. L. Rodríguez Seoane, 1880; J. Barcia Caballero, 1884, pp. 18-19; M. Ovilo y Otero, 1880, pp. 62-72; J. M. Caballero y Villar, 1901; F. Esmorís Recamán, 1945, pp. 8-9; R. Otero Pedrayo, 1952; A. Couceiro Freijomil, 1953, pp. 457-459; Instituto, 1968; V. Armesto, 1973, pp. 61-95; J. Carro Otero, 1987, pp. 681-692; B. Cores Trasmonte, 1998, pp. 241-260; X. R. Barreiro Fernández, R. López Morán, X. L. Mínguez Goyanes, 2003, pp. 704-706; X. R. Barreiro Fernández, 2003, I, pp. 728-729; A. Gil Novales, 2010, III, pp. 3115-3117). Xa o seu avó foi o “insigne D. Lorenzo Montes” (M. Murguía, 1888, p. 444). En todo caso, Varela de Montes tivo momentos delicados na súa biografía; así, estando en Madrid “...Tocoulle ao bacharel compostelán un calafrío inquisitorial. Non sabemos se entrou na Suprema” (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 38). Pola súa valía chegou a denominárselle “a perla de Fonseca” (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 9). Foi director da Real Sociedade en dous períodos: de 1859 a 1860, e desde 1861 ata 1865 (E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, 2010, pp. 28-29). Tiña, pois, sesenta e un anos cando foi nomeado e sesenta e nove cando se retirou do cargo.

O primeiro número da Revista Económica, que publica a Sociedade en 1859, iníciase cun artigo seu. Sendo director da Sociedade, celébrase en 1864 en San Martín Pinario o Congreso Agrícola de Galicia (Vid. J. Planellas Giralt, 1864). Será el quen faga a oración de apertura, no que foi “un discurso cheo de alegría pagá, ecos de misterio panida, da orixe rústica das artes”. Nese contexto reflexiona Varela e argumenta que “en Atenas as festas do Amor non eran menos magníficas que as de Ceres e Minerva” (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 170).

Foi cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica e cabaleiro da Real Orde de Carlos III. Tamén foi distinguido como secretario honorario de SM el-Rei. Ademais de catedrático e decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi administrador do Grande e Real Hospital. Por 1846 sería el quen, ao parecer, inspira a creación dunha Academia médico-escolar que terminaría por ser constituída como Academia Médica de emulación Científica (J. M. Caballero y Villar, 1901, p. 12). Deixou fonda pegada tanto na Universidade, onde quedaron diferentes recoñecementos á súa persoa, coma na Sociedade Económica (Vid. J. Varela de Montes, 1847; A. Franco Grande, 2014, pp. 1137-1139).

Foi considerado “o máis insigne dos nosos médicos e pensadores modernos” (M. Murguía, 1888, p. 481). Nunha lección inaugural, afirmou o seguinte: “As glorias dos antigos non empobrecen, non rebaixan as nosas. Glorias hai para nós e gloria para todos: a idade presente concédevola, e a futura será aínda máis pródiga; non o dubidedes” (J. Varela de Montes, 1847, p. 52). Foi deputado na lexislatura de 1844-1846 (X. R. Barreiro Fernández, 2003, I, pp. 728-729).

En 1883 estaba previsto levantarlle un monumento en Santiago: “Compostela, a nosa querida Atenas, pronto levantará entre os grandiosos e severos monumentos as estatuas de Fonseca, Varela de Montes e Méndez Núñez” (Galicia Diplomática, 1883; cítase en R. Otero Pedrayo, 1952, p. 10).

J. Barcia Caballero, 1884: J. Barcia Caballero, “Nuestros Grabados·”, El Primer Centenario. Número extraordinario de la Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País, de Santiago. Santiago (Estab. Tip. de la Gaceta, Felipe de la Torre y Cª), 1884, pp. 17-19.

X. R. Barreiro Fernández, 1991: X. R. Barreiro Fernández, Historia Contemporánea. Ensino e Cultura, A Coruña (Hércules Ediciones, S. A.),VI, 1991.

X. R. Barreiro Fernández, 2003: X. R. Barreiro Fernández, (coord.), Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela (Parlamento de Galícia- Real Academia Galega) , 2ª Ed. 2003, 2 vols.

X. R. Barreiro Fernández, R. López Morán, X. L. Mínguez Goyanes, 2003: X. R. Barreiro Fernández, R. López Morán, X. L. Mínguez Goyanes, Parlamentarios de Galícia. Biografias de Deputados e Senadores, Santiago de Compostela (Parlamento de Galicia. Real Academia Galega), 2001.

J. M. Caballero y Villar, 1901: J. M. Caballero y Villar, Estudio biográfico del Dr. D. José Varela de Montes, Vitoria (Est.Tip.de Domingo Sar), 1901.

X. Carro Otero, 1987: X. Carro Otero, “La Vera efigie del Dr. Varela de Montes, fundador de la "Escuela Médica Compostelana" ”, en Jubilatio. Homenaje de la Facultad de Geografía e Historia de los Profesores D. Manuel Lucas Álvarez y D. Angel Rodríguez González, Santiago (Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico) , pp. 681-692.

B. Cores Trasmonte, 1998: B. Cores Trasmonte, Os senadores da Universidade de Santiago, Cuadernos de estudios gallegos, Anexo XXVI, Santiago de Compostela (CISF. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos), 1998.

A.Couceiro Freijomil, 1953: A.Couceiro Freijomil, Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela (Bibliófilos Gallegos), t. III, 1953

F. Esmorís Recamán, 1945: F. Esmorís Recamán, RSMORÍS RECAMÁN, F., “De la vida universitaria compostelana. Homenajes y olvidos”, Finisterre, III, 23 (1945), pp. 8-9.

E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, 2010: E. Fernández Castiñeiras, J. M. Monterroso Montero, S. C. Ariarte, Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago. Catálogo dos fondos pictóricos, Santiago de Compostela (Real Sociedad de Amigos del País de la Ciudad de Santiago), 2010.

A. Franco Grande, 2014: A. Franco Grande, La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela (Andavira Editora), 2014.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

A.Gil Novales, 2010: A. Gil Novales, Diccionario biográfico de España (1808-1833): de los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista, Madrid (Fundación Mapfre), 2010.

Instituto, 1968: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, La Escuela Médica Compostelana: con motivo del centenario de la muerte del Dr. Varela de Montes, Santiago de Compostela (Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos), 1968.

M. Murguía, 1888: M. Murguía, Galicia, Barcelona (Establecimiento Tipográfico- Editorial de Daniel Cortezo y Cª), 1888- Hay dos ediciones fácsimil publicadas una en Santiago de Compostela, (Edicións Salvora), 1985, 2 volúmenes; y otra en Vigo (Edicións Xerais de Galicia - Concello de Arteixo), 2000.

R. Otero Pedrayo, 1952: R. Otero Pedrayo, El Doctor Varela de Montes: médico humanista compostelano del siglo XIX, Santiago de Compostela (Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos), 1952.

M. Ovilo y Otero, 1880: M. Ovilo y Otero, Hijos ilustres de la Universidad de Santiago, Santiago (Imp. de la Gaceta de Galicia), 1880.

C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996: C. Pereira, J. Suárez Otero, 1996, “Los fondos artísticos”, El Patrimonio Histórico de la Universidad de Santiago de Compostela. Catálogo, en VILA JATO, M. D. (coord.), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela- Parlamento de Galicia), 1996, pp. 83-155.

J. Planellas Giralt, 1864: J. Planellas Giralt, Congreso Agrícola Gallego de 1864: actas, discursos o sus estractos y demás documentos... publicados por…Santiago de Compostela (Imprenta de José Rodríguez Ruibal), 1864. Se publican los resultados de este congreso, también, en Sada, A Coruña (Ediciós do Castro), 1994.

C. Rodrigo Zamora, 1996: C. Rodrigo Zamora, “La imagen del Escorial en la Literatura en fascículos del siglo XIX”, en CAMPOS Y FERNÁNDEZ SEVILLA, F. J., Literatura e imagen en El Escorial. Actas del Simposium, San Lorenzo de El Escorial, Instituto Escurialense de Investigaciones Históricas, 1996, pp. 927-952.

L. Rodríguez Seoane, 1880: L. Rodríguez Seoane, “Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago”, La Ilustración Gallega y Asturiana, II (1880), pp. 221-223, 258-259, 270-271, 286-287.

J. Varela de Montes, 1847: J. Varela de Montes, Oración inaugural leída en la Universidad Literaria de Santiago en la solemne apertura del Año Escolar de 1847 a 1848, Santiago (Universidad- Imprenta de D. E, Aguado), 1847.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000464
Autoría: Dionisio Fierros
Título: José Varela de Montes
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1874
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 83 cm Ancho: 66 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina