José Varela Montes

Elvira Santiso García
José Manuel García Iglesias

Seguindo o modelo do retrato que Dionisio Fierros fixera de José Varela Montes en 1874 (1796-1868), Elvira Santiso realiza outro do que fora decano da facultade de Medicina; o retrato, de medio corpo, representa o personaxe case frontal, aínda que lixeiramente xirado, o que contribúe a crear a sensación de espazo, xa que o sitúa ante un fondo neutro. Centra a atención no rostro ao iluminalo directamente, tentando transmitir o carácter do personaxe, dando a apariencia de serenidade. Represéntase Varela Montes cun traxe negro e camisa branca adornado coas condecoracións que recibiu; a banda e a Cruz da Orde de Isabel a Católica, a cruz da Orde de Carlos III e a Medalla ao Mérito en Medicina.

Este moi ilustre médico compostelán compaxinou a súa dedicación á Universidade coa de administrador do Grande a Real Hospital a ata a dirección da Sociedad Económica de Amigos del País (X. A. Fraga Vázquez, 2011; J. M. García Iglesias, 2016, p. 149-150).

Segue o modelo do retrato que Dionisio Fierros fixera de José Varela de Montes en 1874 ⸺que estivo na Biblioteca Pública da USC, hoxe na Facultade de Medicina⸺ e que ten en conta outro de 1855, hoxe no Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, así como unha fotografía realizada no estudio de J. Palmeiro e Fillo, de Santiago (R. Gurriarán, X. A. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014; J. M. García Iglesias, 2016, p. 201-204); móstrase de medio corpo sobre un fondo neutro e co seu rostro especialmente tratado.

Elvira Santiso, pintora radicada en Compostela (M. Gómez Novoa, 2010), realiza esta versión do que fora decano da Facultade de Medicina e na que este personaxe se mostra con tres condecoracións: “Dúas prendidas nunha fibela-pasador común, sobre a de cabaleiro da Moi distinguida Orde Carlos III, esquerda do observador, outorgada polo Goberno en 1843 a petición do daquela Reitor da Universidade compostelá D. Juan José Viñas e a do Mérito Sobresaliente en Medicina [...]. A terceira é a placa da gran Cruz da Real Orde Americana de Isabel a Católica á que tamén pertencen a banda con vieira e a cadeíña que, como miniatura, colga do ollal da solapa, xusto galardón co que o distingue, de novo, o Goberno en 1855” (R. Otero Pedrayo, 1952, p. 684).

Próximos a este retrato son os que a mesma pintora fixo para a Real Sociedad Económica de Amigos del País da cidade de Santiago e que se datan en 1940 (J. M. García Iglesias, 2016, p. 302-304).

X. A. Fraga Vázquez, 2011: X. A. Fraga Vázquez, “José Varela de Montes”, en Real Academia de la Historia, Diccionario biográfico electrónico. https://dbe.rah.es/biografias/34094/jose-varela-de-montes, 2001.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.

M. Gómez Novoa, 2010: M. Gómez Novoa, “Elvira Santiso García. Artista e docente de vocación e extraordinarias dotes creativas”, en Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega. http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=209, 2010.

R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014: R. Gurriarán, X. Otero Costas e J. M. García Iglesias, A galería de decanos da Facultade de Medicina, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014.

R. Otero Pedrayo, 1952: R. Otero Pedrayo, El Doctor Varela de Montes: médico humanista compostelano del siglo XIX, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, 1952.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000382
Autoría: Elvira Santiso García
Título: José Varela Montes
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1950
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 70 cm Longo: 57,7 cm. Alto: 85,2 cm Longo: 74cm Ancho: 4,3 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina