Josefa Mena Valdecillo, señora de Loureiros

Escultura funeraria do sepulcro dos Loureiros, que representa a Josefa Mena Valdecillo, dona do fundador Juan López Loureiros. Trátase dunha estatua orante, axeonllada e en actitude de rezo, feita en granito policromado, e cunha factura de baixa calidade, decididamente pobre e tosca.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000052
Título: Josefa Mena Valdecillo, señora de Loureiros
Temas: 
Conmemorativo
Funerario
Data: 1652
Técnicas: 
Cicelado
Policromado
Materiais: 
Granito