Juan Garcia Vaamonde

Autoría desconocida

Ante un fondo neutro aparece retratada a figura de Juan García Vaamonde. Nun retrato de tres cuartos, o bispo aparece de pé, lixeiramente de perfil e vestido cunha toga negra. Coa man esquerda suxeita un libro que aparece sobre unha mesa coa beca de colexial vermella. No ángulo superior dereito aparece a seguinte lenda: "JOHANNES GARCÍA BAHAMONDE/ PRIOR HEREMITARUM ET CANON./ HISPALENSIS, ARCHIEP. ELECT. DE/ CHARCAS, IN SAC. LIT./ DOCTISSIMUS./ Ex S. Vinc. de Curtis Compost.".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000218
Autoría: Autoría desconocida
Título: Juan Garcia Vaamonde
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1777
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 127,2 cm Longo: 104 cm Ancho: 8 cm
Materiais: 
Lenzo