Lino Torre

Tito Vázquez
José Manuel García Iglesias

Xa no século XX, o primeiro reitor ao que se retrata é Lino Torre Sánchez Somoza (1866-1921), que dirixe os destinos da Universidade no período 1920-1921. O tema será tratado en pintura por Tito Vázquez e en escultura por Francisco Asorey. Neste caso, non se mantén a formulación seguida nos reitores previamente retratados -Viñas e Casares-. Estamos, ademais, perante un catedrático de Dereito desta Universidade que foi tamén alcalde de Compostela entre 1903 e 1909.

Na pintura, a luz proxéctase de xeito desigual no seu rostro que, deste modo, destaca sobre un fondo escuro. Distíngueo a medalla reitoral.

Lino Torre naceu en Santiago, onde se licenciou en Dereito en 1887. Catedrático de Dereito na Universidade de Salamanca, trasladouse á cátedra de Dereito da Universidade compostelá en 1899. Foi alcalde de Santiago (1903-1909) e deputado nas lexislaturas de 1910 e 1916 (Vid. F. Puy Muñoz, 1997, pp. 127-128).

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, p. 205.

R. Otero Túñez, 1959: R. Otero Túñez, El escultor Francisco Asorey, Santiago de Compostela (Imprenta Paredes), 1959.

F. Puy Muñoz, 1997: F. Puy Muñoz, “Los estudios de Derecho en Compostela. Una mirada al pasado pensando en el porvenir”, Dereito, 6 (1997), pp. 121-137.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000766
Autoría: Tito Vázquez
Título: Lino Torre
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1920
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 85 cm   ancho: 66,5 cm    Alto: 113,5 cm    ancho: 95 cm    fondo: 4 cm
Materiais: 
Liño