Lino Torre

Francisco Asorey

Busto do catedrático e reitor da universidade compostelá Lino Torre. Sobre unha base rectangular apóiase o busto do retratado. A súa fisonomía aparece caracterizada cun minucioso naturalismo e o escultor esmérase nas diferentes cualidades dos tecidos, insistindo no xogo lumínico dos pregos das mangas, facendo gala dun pictoricismo, característico da primeira produción do escultor. Asinado no lateral esquerdo "Francº Asorey 1923".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000216
Autoría: Francisco Asorey
Título: Lino Torre
Temas: 
Conmemorativo
Retrato
Masculino
Data: 1922
Técnicas: 
Fundición
Dimensións: 
Alto: 58 cm Longo: 54 cm Ancho: 34 cm Pedestal de madeira: Alto:121cm Longo:: 60 cm Ancho: 35 cm
Materiais: 
Bronce