Litografía sen título

Enrique Ortiz Alonso

O artista gráfico Ortiz Alonso, presenta neste gravado dunha soa cor, unha figura corpulenta que centra e preside a composición. Está sentada e cunha man sostén unha rama mentres que levanta e sinala coa outra. A figura, cun rostro de grande expresividade, vai vestida cunha ampla túnica e sombreiro e da súa boca sae o que parece un dos globos de cómic, que ten no interior unha serie de formas. A cabeza do personaxe destaca sobre o que parece ser unha especie de pantalla de guiñol pola que asoman unha serie de caras de distintas expresións. Característica do Ortiz presente neste gravado é que se serve do humor para sinalar o paradoxal e o estraño. A técnica combina a liña refinada do debuxo co espesor do primeiro termo que escurece na parte inferior do gravado. Sérvese tamén da liña para crear as sombras, visibles nos pregamentos da roupa . Está asinado e datado no ángulo inferior esquerdo dentro da prancha: "Ortiz Alonso 10/8/84" e fóra da prancha no mesmo ángulo o número de serie: 55/100, e na dereita de novo a firma "Ortiz".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000245
Autoría: Enrique Ortiz Alonso
Título: Litografía sen título
Temas: 
Figura de
Home
Data: 1984
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 74 Longo: 55 cm Ancho: 3,5 cm (con marco) Alto: 56 cm Longo: 37,5 cm(soporte) Alto: 33 cm Longo: 24,5 cm (prancha)
Materiais: 
Papel