Lodeiro 6
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
A concepción da paisaxe na obra de Lodeiro é moi significativa ao longo da súa produción. O artista vigués parte de elementos recoñecibles -aquí unha paisaxe no que ao fondo vemos o perfil dunha montaña- para despois simplificalos, reducilos a simples siluetas e formas xeométricas que están moi perto da abstracción. As cores, negras, amarelas, laranxas e violetas, confiren á paisaxe unha apariencia case irreal. Asinado no ángulo inferior esquerdo.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000709
Título:
Lodeiro 6
Temas:
Abstracto
Paisaxe
Data:
1970
Técnicas:
Témpera
Dimensións:
Alto: 48 cm Longo: 62 cm Sen marco Alto: 75 cm Longo: 85,5 cm Ancho: 1 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais