Luis Legaz Lacambra

María Carrera
José Manuel García Iglesias

Legaz Lacambra foi recoñecido como filósofo do Dereito e catedrático en Santiago e Madrid. Desempeñou importantes cargos públicos e de goberno universitario. “Home de cultura extraordinaria e de arraigada ideoloxía católica, foi discípulo e tradutor de Hans Kelsen e membro destacado de FET y de las JONS” (M. P. Hernando Serra e C. Petit, 2021). Foi decano entre 1942 e 1952 (F. Marín Castán, 2012). O feito de que se lle encargue á mesma pintora, M. Carrera, responsable do retrato que se lle fai ao propio personaxe como reitor (J. M. García Iglesias, 2016, p. 207-208), abunda na idea de que ambos os dous foron realizados nun parecido momento. Represéntase, neste caso, de medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, cun tratamento do rostro delimitado, neste caso, igualmente, por un fondo neutro (J. M. García Iglesias, 2016, p. 226).

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.

M. P. Hernando Serra e C. Petit, 2021: M. P. Hernando Serra e C. Petit, “Legaz y Lacambra, Luis”, en Diccionario de Catedráticos españoles de Derecho (1847-1984). https://humanidadesdigitales.uc3m.es/s/catedraticos/item/15147, 2021.

F. Marín Castán, 2012: F. Marín Castán, “Luis Legaz Lacambra”, en Real Academia de la Historia, Diccionario biográfico electrónico. https://dbe.rah.es/biografias/11857/luis-legaz-lacambra, 2012.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000419
Autoría: María Carrera
Título: Luis Legaz Lacambra
Temas: 
Retrato
Masculino
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 74 cm Ancho: 64 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Dereito