Machado de pedra pulimentada
Machado de pedra tallada e pulimentada de cor marrón procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña), descuberto nunha terra de labranza anexa ao santuario. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000996
Título:
Machado de pedra pulimentada
Data:
Período neolítico
Técnicas:
Pulido
Talla
Dimensións:
Longo: 111mm, Ancho: 46 mm, Espesor: 22 mm
Materiais:
Pedra
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia