Manancial da paisaxe
Nolo Suárez
A figura de Nolo Suárez supón unha renovación á temática da paisaxe galega, principalmente dos elementos terra e auga como orixe da vida, a partir da década dos 80 a través da súa técnica peculiar que lle confire á obra un aspecto acuoso configurando o resultado final a través da acción do propio proceso pictórico. Ante un fondo no que predominan as tonalidades pasteis (azuis e amarelas), o autor salpícao con distintos elementos: unha árbore grande e tres máis pequenas colocadas en liña, unha folla e un arbusto. Todo unido por manchas de cores brancas en espiral e ondulantes, ou verdes que seguen unha liña curva que se converten en signos de identidade do autor.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000664
Título:
Manancial da paisaxe
Temas:
Paisaxe
Data:
1993
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Carece de marco Alto: 60 cm Longo: 80 cm
Materiais:
Táboa
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais