Manuel Pardo
O seu autor parte dun retrato realizado por Vicente López. Móstrase condecorado coa insignia propia da Orde de Isabel a Católica. Neste caso a lenda di: EMMANUEL PARDO/ REGI A CONSILIIS/ INTEGERREMUS. Estamos ante un cadro moi posiblemente realizado en Compostela por Cancela del Río, con esa alusión a través dunha beca sobre a mesa, como en tantos outros relacionados con colexiais de Fonseca.
Debe de relacionarse o recoñecemento que tivo por parte da Universidade compostelá co feito de que no seu testamento cedese fondos para a súa Biblioteca, razón que explica a colocación orixinaria desta pintura nela.
A vinculación deste cadro con Vicente López é antiga. Neste sentido, Sánchez Cantón recolle unha noticia datada en 1861 que se debe a un parente seu, don Antonio Pardo de Lís: “retratouno, vestindo todo de maxistrado e coa encomenda de Isabel a Católica, Vicente López, cara a 1820; consérvase na Reitoría da Universidade Compostelá e existe unha excelente litografía: Debuxado en pedra por Nº Desdemadri. Santiago de Chile, da que varios parentes do Conselleiro posuímos exemplar” (F. J. Sánchez Cantón, 1978, pp. 158-159). En todo caso, débese partir dalgún outro retrato anterior xa que este ten notorias semellanzas cun localizado en Lima –gárdase copia de parte del no Arquivo PEISA, Lima-. Sabemos que Vicente López pintou un retrato deste personaxe en 1833 que foi trasladado posteriormente a Perú: “foi posteriormente trasladado a Chile ‘a mediados do século XIX’ polo fillo do retratado, Manuel Pardo y Aliaga, quen foi Ministro de Perú. En 1952 conservábase en poder dos seus descendentes” (J. L. Díez, 1999, p. 168). O feito de que se trate neste caso dunha obra que parta, a modo de copia, de Vicente López é unha cuestión para ter en conta e que axuda a entender a atribución ata agora feita.
Trátase, como se dixo, dun cadro moi posiblemente realizado en Compostela, con esa alusión a través dunha banda sobre a mesa, como en tantos outros relacionados con colexiais de Fonseca e que tamén caracteriza este personaxe á hora de facerse a súa aclamación, un dos máis antigos de Fonseca, datado en 1827.
López Vázquez puxo de relevo os débitos de Cancela con Vicente López (J. M. B. López Vázquez, 2007, pp. 51-59). Por outra banda, cabe poñer en valor nesta mesma orde de cousas que desde 1846 Cancela imparte a súa docencia na Universidade e xustifícase o seu soldo en que, a partir dese momento, está “ás ordes do Reitor da Universidade a cuxa autoridade queda suxeito” (J. Couselo Bouzas, 1950, pp. 58-59). Así pois, non parece estraño que sexa o propio reitor Viñas quen fai o encargo e, moi posiblemente, dite a forma que se debe seguir (J. M. García Iglesias, 2016, pp. 189-190).
Nacido en Casaldereito, Manuel José Pardo Ribadeneyra y González Bañón (1759-1839) foi colexial de Fonseca en 1786 e, no ano seguinte, substituto de Disciplina. Xa en 1789 é substituto na Cátedra de Institucións Canónicas. En Lima foi alcalde do crime da Real Audiencia (1793), Oidor (1797) e Rexente (1806) (A. Fraguas Fraguas, 1995, pp. 423-424; S. Cabeza de León, E. Fernández-Villamil, 1947, p. 179; F. J. Sánchez Cantón, 1978, pp. 155-159). Desde 1818 é Comendador da Orde de Isabel a Católica. Volve a España en 1821, tras declararse Perú independente. En 1824 é conselleiro de Facenda (Vid. F. González, 1860a; M. F. González, 1860b; Mendiburu, 1885, p. 24; F. A. Barreda, 1954, pp. 12-35; A. Gil Novales, 2010, pp. 2328-2332). Foi pai do escritor peruano Felipe Pardo y Aliaga. Debe relacionarse o recoñecemento que tivo por parte da Universidade compostelá co feito de que no seu testamento lle cedese fondos para a súa biblioteca. Recibiu a Orde de Carlos III en 1832.
F. A. Barreda, 1954: F. A. Barreda, Manuel Pardo Ribadeneira: Regente de la Real Audiencia de Cuzco, Lima (editorial Lumen), 1954.
S. Cabeza de León, E. Fernández-Villamil, 1947: S. Cabeza de León, E. Fernández-Villamil, Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Pontevedra (Imprenta C. Peón), III, 1947.
J. Couselo Bouzas, 1950: J. Couselo Bouzas, La Pintura Gallega, A Coruña (Porto y Cia. Editores), 1950.
J. L. Díez, 1999: J. L. Díez, Vicente López (1772-1850), Madrid (Fundación de Apoyo a la Historia del Arte Hispánico), 2vols. 1999
A.Fraguas Fraguas, 1995: A. Fraguas Fraguas, O Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela (Universidad de Santiago), 1995.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.
A.Gil Novales, 2010: A. Gil Novales, Diccionario biográfico de España (1808-1833): de los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista, Madrid (Fundación Mapfre), 2010.
F. González, 1860a: F. González, Deberes del magisterio y memoria de actividade : Discurso que en la solemne apertura del tribunal leyó el día 2 de Enero de 1860 en la Real Audiencia Pretorial de la Habana, La Habana (Imp. del Gobierno Capitanía General y Real Audiencia por S.M.), 1860.
F. González, 1860b: F. González, GONZÁLEZ, F., Discurso que en la solemne apertura del tribunal, leyó el día 2 de enero de 1860, en la Real Audiencia Pretorial de la Habana, su regente..., La Habana, Imprenta del Gobierno, Capitanía General y Real Audiencia, 1860.
J. M. B. López Vázquez, 2007: J. M. B. López Vázquez, “A propósito de tres retratos da colección da Universidade de Santiago de Compostela: O estilo de Cancela del Río e a súas débedas co de Vicente López”, en (Catálogo de Exposición) Sigillum. Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2007, pp. 51-59.
M. Mendiburu, 1885: M. Mendiburu, Diccionario histórico-biográfico del Perú, Lima (Imprenta “Bolognesi”), 1885, t. VI.
F. J. Sánchez Cantón, 1978: F. J. Sánchez Cantón, “El consejero de S.M. Don Manuel Pardo (1759-1839) tronco de un ilustre linaje peruano”, El Museo de Pontevedra, 32 (1978), pp. 151-168.