Maraca
Maraca cuxo receptáculo está formado por unha cabaza baleirada, no seu interior sementes ou algún outro obxecto que ao sacudilo produce o son; a cabaza está inserida nun mango de madeira e decorada por un dos lados cun motivo floral de catro follas dentro dun círculo e, polo outro, a palabra “Cuba”. É un instrumento musical de tipo idiófono de golpe indirecto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1210
Título:
Maraca
Dimensións:
Alto: 21 cm; diámetro: 9 cm
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
