Mariña
Manuel López Garabal
Paisaxe mariña da costa. O protagonista é sen dúbida a luz, cos seus distintos reflexos e matices, no ceo, na auga ou nas rochas contra as que rompen as ondas e nas que o sol parece pegar con forza, contrastando coa sombra en tons azuis e violetas do primeiro termo. Garabal válese dos recursos da propia técnica para lograr unha representación verídica do rompente de ondas, cargando máis a materia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000123
Título:
Mariña
Temas:
Paisaxe
Mariña
Data:
1948
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 32,5 cm Longo: 37,3 cm (sen marco) Alto: 48,5 cm Longo: 53,1 cm Ancho: 5,5 cm (con marco)
Materiais:
Cartón
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia