Mariña

Mª Antonia Dans Boado

Traballa aquí Mª Antonia Dans a paisaxe mariña, tan frecuente na súa obra. Baixo unha aparente simplicidade da obra, a autora ordena todos os elementos, nun primeiro termo o mar, seguido dunha batea. Detrás, no centro da composición, un barco lixeiramente desprazado á dereita. Decántase aquí por unha paleta cromática máis escura baseada en tonalidades ocres e grises. Xoga cos recursos lumínicos e cos reflexos na auga do mar. Asinado no a.i.d. "m.a.dans"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000230
Autoría: Mª Antonia Dans Boado
Título: Mariña
Temas: 
Paisaxe
Mariña
Data: 1960
Técnicas: 
Pastel
Dimensións: 
Ventana do passpartout Alto: 49 cm Longo: 69 cm Con marco Alto: 70 cm Longo: 90 cm Ancho: 4 cm
Materiais: 
Papel