Mariña 2

Manuel López Garabal

Realizado na súa etapa de madurez, Garabal presenta aquí unha paisaxe mariña, cun mar picado que bate contra as rochas, concibidas como volumes redondeados, que reflicten o aceno da pincelada. Destacan especialmente os reflexos lumínicos e os efectos cromáticos que producen sobre as distintas superficies. Lonxe dunha paisaxe idealizada, Garabal reflexa a soidade e a dureza da Costa da Morte. Asinado no a.i.d. : "M. Garabal/1948"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000124
Autoría: Manuel López Garabal
Título: Mariña 2
Temas: 
Mariña
Data: 1948
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 52,5 cm Longo: 57 cm Profundidade: 5,5 cm (con marco) Alto: 36 cm Longo: 40 cm (sen marco)
Materiais: 
Madeira
Táboa