Mariña

Segundo Hevia Torres

A obra de Segundo Hevia convértese en testemuño da terra galega, neste caso do mar. O pintor ofrécenos nunha das súas acuarelas -a súa técnica máis empregada- unha paisaxe mariña na que vemos o perfil da entrada do mar e dúas pequenas barcas varadas. A súa obra está tomada do natural esencializado. A técnica, a pincelada fluída e abundante e a gama cromática baseada en grises e azuis outorgan unha sensación de calma e serenidade á paisaxe. As mariñas sérvenlle de pretexto para a investigación da luz e os seus efectos lumínicos. Asinado a. i. e. "S. Hevia 89"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000584
Autoría: Segundo Hevia Torres
Título: Mariña
Temas: 
Mariña
Paisaxe
Data: 1989
Técnicas: 
Acuarela
Dimensións: 
Alto: 61,5 cm Ancho: 76 cm Profundidade: 3 cm
Materiais: 
Papel
Localización: Facultade de Física