Máscara Ch'uta

Ana Abella Galego

Máscara moldeada en malla de arame que representa un rostro masculino. Trazos da faciana policromados e restos de fibra vexetal que conforman a barba, decorada con doas de cor azul cosidas con fío. Máscara utilizada na danza dos Ch'utas, onde o personaxe central ten trazos mestizos (ollos azuis e barba). Ten a súa orixe no centro mineiro do Corocoro (Departamento de La Paz, Bolivia), de aí o uso do arame. A danza se representa en Entroido, Anata e Semana Santa. Na tarxeta anexa de José Casares Gil indícase: "careta usada por los indios de Bolivia en sus fiestas recuerdan aún a los conquistadores españoles".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1220
Título: Máscara Ch'uta
Dimensións: 
Alto: 21 cm; largo: 10 cm; fondo: 15 cm