Maternidade
Xosé Cid Menor
Cunha esencial e poética síntese formal e dentro desa liña figurativa de carácter organicista na que adoita expresarse, representa unha muller embarazada. Coa madeira, un dos seus materiais preferidos, xunto co granito, acada destacadas cualidades formais. Suaves curvas e medidas aristas ou pregos; a madeira pulida e cun perfecto acabado, véndose as vetas: importante efecto ao incidir a luz.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000666
Título:
Maternidade
Temas:
Maternidade
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 135 cm Longo: 33 cm Profundidade: 35 cm
Materiais:
Madeira
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais