Mazo
Útil de madeira dura e escura, de talla completa. É de forma cilíndrica; o extremo distal é máis ancho e de base plana; no extremo proximal, un pequeno extremo prominente de sección circular para poder agarralo. Este tipo de mazos tiñan diferentes usos, como mallar as fibras vexetais, a iuca ou outros ingredientes. Segundo o Boletín América nº 8 o mazo pertence á etnia Toba doada por Juan Cánter xunto a outros obxectos como lanzas e frechas.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1323
Título:
Mazo
Dimensións:
Altura máxima: 74 cm; diámetro máximo: 7,5 cm
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
