Medalla
Consta de dúas pezas: a medalla ou placa e a coroa, á que está aparafusada. Medalla enmarcada por unha orla vexetal a modo de coroa, na que se representa a un bispo, con todos os atributos que corresponden á súa dignidade en actitude de predicación e, xunto a el, uns nenos que poderían significar o conxunto de fieis, aleccionados e guiados pola Igrexa. Non presenta marcas de ningún tipo.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000111
Título:
Medalla
Temas:
Relixioso
Litúrxico
Técnicas:
Burilado
Dimensións:
Alto: 30 cm Longo: 22,5 cm Ancho: 1,5 cm
Materiais:
Ouro
Prata
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría