Medalla conmemorativa
Juan Manuel Ferrari / Pastorino Sala
Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: representa a parte superior, e vista de perfil, do monumento “La patria al ejército de los Andes”. Na parte superior, unha figura feminina con cadeas rotas entre as mans que simboliza a liberdade; na zona inferior da figura, unha bandeira e, debaixo, un grupo de xinetes a cabalo que representa o rexemento de granadeiros creado por José de San Martín. No reverso: vexetación arbórea e, ao fondo, unha cordilleira e sol nacente; en primeiro plano, cartela coa inscrición: LA PATRIA/AL/EJÉRCITO DE LOS ANDES/12 DE FEBRERO 1914.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1308
Título:
Medalla conmemorativa
Data:
1914
Dimensións:
Diámetro: 50 mm; peso: 45 g
Materiais:
Cobre
Prata
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
