Medalla conmemorativa da inauguración da Biblioteca América
Medalla que conmemora a inauguración da Biblioteca América na USC. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: figura feminina sobre aguia coas ás estendidas; a figura leva o pucho frixio arxentino; unha palma na súa man dereita e o brazo estendido e, sobre a palma da man, un barco; no borde, a inscrición: BIBLIOTECA AMÉRICA SANTIAGO DE COMPOSTELA. No reverso: arquitectura que representa a actual Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (localización orixinal da Biblioteca América). No borde, a inscrición: FUNDADA 30 DE JUNIO 1904 REAL ORDEN 11 NOVIEMBRE 1909 INAUGURADA 26 DE JULIO 1926. No anverso e reverso aparece a inscrición do gravador: "Horta".
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
