Medalla conmemorativa do centenario da batalla de Pichincha (1822-1922)
Luigi Casadio
Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto procedente de Ecuador. No anverso: xinete a cabalo de perfil á dereita, con espada en alto, inscrición na zona superior: CENTENARIO DE LA BATALLA DE PICHINCHA; na zona inferior: 1922. No reverso: na zona superior dereita, Mercurio alado con antorcha e, na zona inferior, na esquerda, grupo de guerreiros espidos con escudo e, á dereita, unha figura feminina con lira a ao seu lado unha figura masculina diante dunha pira; na zona inferior, a inscrición: 24 DE MAYO DE 1822.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1305
Título:
Medalla conmemorativa do centenario da batalla de Pichincha (1822-1922)
Data:
1922
Dimensións:
Diámetro: 89 mm; peso: 323 g
Materiais:
Bronce
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
