Medalla conmemorativa do centenario do combate de San Lorenzo (1813-1913)
Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: en primeiro plano, escena da batalla de San Lorenzo; en segundo plano, arquitectura eclesiástica; na zona inferior e superior, decoracións con vexetais de loureiro; na zona superior, a inscrición: 1813/3 de febrero /1913; na zona inferior, a inscrición: SAN MARTÍN/TRAZA CON SU ESPADA LA LIBERTAD DE AMÉRICA/BAIGORRIA LA RÚBRICA CON SU LANZA/CABRAL LA SELLA CON SU SANGRE. O reverso representa a José de San Martín, sentado de perfil baixo unha árbore (piñeiro histórico de San Lorenzo), redactando o parte de guerra despois da batalla; na zona inferior, cartela con inscrición: HOMENAJE AL PRIMER CENTENARIO DEL COMBATE DE SAN LORENZO1813-1913.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
