Medalla conmemorativa do primeiro centenario da Batalla de Maipú (1818 - 1918)
Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: na metade superior, sol nacente e, na inferior, escena da batalla de Maipú. No marxe inferior presenta a inscrición: “1818-5 de abril-1918”. No reverso: na zona central, o xeneral San Martín a cabalo e, diante, unha figura feminina con palma na man que simboliza a liberdade; no fondo, o sol nacente e a palabra “LIBERTAS”; á dereita, enmarcado en espazo rectangular con arco superior, elementos do escudo arxentino; á esquerda, enmarcado en espazo rectangular con arco superior, conxunto de armas entrecruzadas, morrión na zona superior e, na inferior, un canón. Ambos elementos poden estar relacionados co rexemento de granadeiros creado polo xeneal José de San Martín. Na zona inferior, a inscrición: "EL PUEBLO DE LA NACIÓN ARGENTINA AL GENERAL SAN MARTÍN Y AL EJÉRCITO LIBERTADOR EN LA CONMEMORACIÓN DEL PRIMER CENTENARIO DE LA BATALLA DE MAIPÚ". A escena do anverso está realizada a partires do cadro realizado por Julio Fernández Villanueva.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
