Medalla conmemorativa do primeiro centenario da batalla de Salta (1813-1913)

Acuñada por Gotuzzo
Ana Abella Galego

Medalla conmemorativa pertenecente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: representación da batalla de Salta e ao fondo a cidade de Salta e a Cordilleira Andina; inscrición na zona superior: BATALLA DE SALTA; inscrición na zona inferior: 1813-20 DE FEBRERO-1913/EL EJÉRCITO NACIONAL. No reverso: na zona superior central, o busto do xeneral Belgrano enmarcado nunha coroa de loureiro circular e, baixo a coroa, unha aguia coas ás estendidas e unha rama de loureiro entre as garras. Á esquerda, unha figura feminina que simboliza a Gloria e que está coroando ao xeneral Belgrano; baixo a aguia, o campo de batalla de Salta.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Ficha técnica

Número de referencia: IBCOOO1306
Autoría: Acuñada por Gotuzzo
Título: Medalla conmemorativa do primeiro centenario da batalla de Salta (1813-1913)
Data: 1913
Dimensións: 
Alto: 64 mm; largo: 70 mm; profundidade: 3 mm; peso: 122 g
Materiais: 
Metal