Motivos escolares

José López Guntín

Obra paradigmática do estilo de López Guntín; encadrado na Nova Figuración, o pintor lucense basea as súas composicións nun sólido debuxo, un rico colorido e un rigor xeométrico co que constrúe a escena. Así, dellimita xeometricamente os distintos elementos espaciais cos que crea a sensación de profundidade: un primeiro termo no que vemos un solo axedrezado, un segundo ámbito no que se ve un campo onde se atopan os nenos, e un terceiro nivel presidido polas montañas. A liña do debuxo, co que constrúe o perfil das figuras e das formas, convértese nun elemento secundario ante o intenso colorido que domina a escena.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000549
Autoría: José López Guntín
Título: Motivos escolares
Temas: 
Costumista
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 42,5 cm Ancho: 124 cm Profundidade: 5 cm
Materiais: 
Lenzo