Muller

Alberto Castro Couso

Escena costumista na que a protagonista é unha muller con vestimenta campesiña que parece recoller un feixe de herba seca dentro dun cercado. Detrás dela, outros tres cercados de bordes redondeados e no fondo, nunha liña alta do horizonte, aparecen uns cumios entre os que se pon o sol. Estilisticamente, a obra denota a influencia de Picasso e de Henry Moore do que toma a valoración do oco, visible no tratamento da figura. Esta, de formas elementais e gran sinxeleza, de liñas sinuosas. A paleta cromática é vibrante, laranxas, amarelos, verdes, malvas... aplicada con textura e permite seguir o rastro da pincelada. Asinado no a.i.d.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000753
Autoría: Alberto Castro Couso
Título: Muller
Temas: 
Figura de
Muller
Data: 1974
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 90 cm Longo: 58 cm Sen marco Alto: 97 cm Longo: 65 cm Ancho: 3 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Casa da Balconada