Muller
José Otero Abeledo "Laxeiro"
Figura de busto dunha muller que Laxeiro retrata espida. Centra a atención na mirada da rapaza, ausente, transmitindo unha gran carga psicolóxica e unha sensación de tristeza. Cun debuxo robusto que o pintor entende como algo fundamental do seu traballo, define a contorna tanto do corpo como do cabelo, cun trazo negro que contrasta coas tonalidades rosáceas que emprega no busto da figura, logrando crear unha textura de veludo. A pintura está cargada de materia o que dá a sensación de texturas. Comprado á Galería Citania en 1981. Pegatina no reverso cos seguintes datos: "nº 209, Propiedad Galería Citania Santiago, óleo, muchacha, 50x70
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000760
Título:
Muller
Temas:
Retrato
Feminino
Data:
1960
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 70 cm Longo: 50 cm (sen marco) Alto: 84 cm Longo: 64 cm Ancho: 5 cm (con marco)
Materiais:
Táboa
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría