Muller con nenas

Mercedes Ruibal Argibay

Neste gravado, tres figuras dispóñense escalonadas, en primeiro plano o busto dunha nena e inmediatamente tras dela, unha muller cunha meniña en brazos. Dúas pólas flanquean as figuras. Expresionismo lírico, con certo aire de inxenuismo popular. Asinado a. i. d. fóra da prancha, "M. Ruibal" e nº de serie no a.i.e (55/100). Existe outro gravado pertencente a esta mesma serie (nº de serie 94/100) na Colección Caixanova.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000265
Autoría: Mercedes Ruibal Argibay
Título: Muller con nenas
Temas: 
Figura de
Muller
Neno
Data: 1980
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Plancha Alto: 33 cm Longo: 24 cm Passpartout Alto: 40 cm Longo: 31 cm Marco Alto: 59,5 cm Longo: 51,5 cm Ancho: 2 cm
Materiais: 
Papel