Muller lendo

Virxilio Fernández Cañedo

Escena de interior protagonizada por unha muller, que o autor representa no momento da lectura, sentada nun banco e apoiándose sobre unha mesa na que se ven varios papeis. Repítese novamente o gusto por captar as mulleres ensimesmadas, case ausentes. Tecnicamente, Virxilio emprega a pluma sobre un fondo de papel amarelo; a súa virtuosidade do debuxo sérvelle para lograr a sensación de profundidade e crear as sombras.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000696
Autoría: Virxilio Fernández Cañedo
Título: Muller lendo
Temas: 
Costumista
Data: 1975
Técnicas: 
Plumiña
Dimensións: 
Alto: 65 cm Longo: 40 cm Sen marco Alto: 89 cm Longo: 73,5 cm Ancho: 4,5 cm
Materiais: 
Papel