As mulleres
Manuel López Garabal
Retrato de grupo de mulleres labregas, ataviadas coas roupas de cotío e o característico pano na cabeza. Lonxe da idealización, é a condición traballadora da muller galega a que se destaca, dende a nenez á vellez, nunha clara evocación do matriarcado. Estas mulleres son persoas curtidas pola dureza do traballo do campo, de aí que todas presenten unha estrutura ósea forte, unha musculatura correosa e unha pel queimada polo sol. Garabal aposta por unha poética do feo, fronte o idealismo da xeración anterior.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000118
Título:
As mulleres
Temas:
Retrato
Feminino
Grupo
Data:
1970
Técnicas:
Óleo
Materiais:
Téxtil
Lenzo
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia