Mulleres no mercado

Xavier Pousa Carrera

Obra de temática popular; estamos diante dunha escena de mercado protagonizada por dúas mulleres en primeiro plano, ataviadas co tradicional pano na cabeza. Ao fondo aparecen as siluetas doutro grupo de persoas que completan a escena. As figuras case están reducidas ás formas elementais, pois o rostro apenas está debuxado. O autor delimítaas co debuxo, de trazo máis amplo e groso; con todo, a pincelada é ampla, solta e diluída e, a paleta cromática está baseada en tonalidades ocres, verdes e tostados.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000646
Autoría: Xavier Pousa Carrera
Título: Mulleres no mercado
Temas: 
Costumista
Data: 1977
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 63 cm Longo:; 48 cm Sen marco Alto: 87,5 cm Longo: 73,5 cm
Materiais: 
Papel