Mural 3

Acisclo Manzano Freire

Composto de seis pezas, Acisclo realiza este mural de barro refractario; do seu fondo emerxen os rostros dunhas figuras, nos que busca a expresividade dos mesmos, parecendo lembrar a traxedia da arte grega; rostros que emerxen da materia, ao xeito miguelanxelesco. No resto do conxunto están presentes as pegadas do traballo coa materia: surcos, incisións e ondulacións que crean distintas texturas, rasgo primordial na súa produción. Trátase dunha obra na que Acisclo xoga coa dualidade entre a figuración e a abstracción organicista.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000722
Autoría: Acisclo Manzano Freire
Título: Mural 3
Temas: 
Figura de
Técnicas: 
Cerámica
Materiais: 
Barro