Muro en Compostela
Manuel R. Moldes
Concibida a obra como un muro que actúa de fondo da obra, Moldes superpón a este fondo toda unha serie de elementos: cruces, espirais, círculos e figuras como unha árbore de gran relevo, característica esta que desenvolve a partir de finais da década dos 80 facendo que as súas obras conteñan un compoñente máis matérico. Moldes reinterpreta os símbolos tradicionais galaicos, neste caso espirais que remiten a unha cultura ancestral prehistórica que o pintor pontevedrés reinterpreta converténdoos nun selo característico. O valor matérico da obra e a inclusión destes elementos como as cruces falan tamén da súa influencia polo informalismo, especialmente da obra de Tàpies.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000523
Título:
Muro en Compostela
Temas:
Abstracto
Data:
1991
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 89 cm Largo: 5 cm Ancho: 231 cm
Materiais:
Poliéster
Localización:
Facultade de Filoloxía