A Música
José Castiñeiras Iglesias
Sobre unha base de mármore negra, Castiñeiras levanta a peza titulada "A Música" para representar unha figura que está a suxeitar un instrumento musical de corda. Decántase aquí polo pequeno formato en contra da escultura pública na que prefire o formato monumental. Estilisticamente denótanse as influencias do cubismo visibles na síntese xeométrica coa que traza o esquema do instrumento musical. Relativo á figura, aínda que tamén sintetizada, aquí tende ás formas redondeadas e liñas curvas que remiten á escultura de Brancussi ou Moore.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000730
Título:
A Música
Temas:
Figura de
Dimensións:
Alto: 55 cm Longo: 28 cm Ancho: 16 cm Peaña: 6 x 32 x 18,5 cm
Materiais:
Sampedrina
Localización:
Casa da Balconada