Nace unha árbore
José Otero Abeledo "Laxeiro"
Unha moi persoal fabulación do autor, na que un grupo de monicreques, con cabalo -sobre o que monta un deles- e vaca incluídos, avanza axitada e caoticamente. Cronoloxicamente incluída no período arxentino, está protagonizada por eses seres guiñolescos característicos de boa parte da produción laxeiriana, facendo con eles neste caso unha particular relectura da figuración picassiana. Asinado no ángulo superior esquerdo coa seguinte inscrición: "BS-1S 1952". No reverso leva unha etiqueta "nº 208/ propiedad Galeria Zitania Santiago, 122*70 óleo, nace un árbore" Comprado pola USC á Galería Citania en 1981.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000271
Título:
Nace unha árbore
Temas:
Fantástico
Data:
1952
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 74 cm Ancho: 120 cm (sen marco) Alto: 92,5 cm Ancho: 137,5 cm
Materiais:
Madeira
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría