Nai e fillo
Manuel Colmeiro Guimarás
Neste gravado, nai e fillo, en tenra actitude, enchen todo o primeiro termo diante dun fondo apenas esbozado e descrito con concisión. O debuxo, limpo e nítido, baséase no perfilamento dunhas formas rotundas e voluminosas. Asinado dentro da prancha no a.i.e., do revés e de dereita a esquerda "m Colmeiro". Fóra da plancha aparece o número de serie no a.i.e: 55/100, e a sinatura no a.i.d. "Colmeiro". Pertencente á mesma serie, existe un exemplar na Colección Caixanova.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000240
Título:
Nai e fillo
Temas:
Maternidade
Data:
1970
Técnicas:
Gravado
Punta seca
Dimensións:
Alto: 62,5 cm Longo: 54,5 cm Ancho: 3 cm (con marco) Alto: 39,5 cm Longo: 31,5 cm (ventá do passpartout) Alto: 32,5 cm Longo: 24,5 cm (prancha)
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría