Natividade

Arturo Souto Feijoo

Dentro da produción artística de Souto, as obras de temática relixiosa son escasas. Neste caso, estamos diante dunha Natividade; o grupo principal -composto por Xosé, a Virxe María e o Neno-, centra a composición, situando na esquerda desta escena a mula e o boi. É característica a técnica de Souto: unha pincelada curta, rápida, e vibrante, coa que superpón as distintas cores. A exhuberancia cromática constitúe un selo do autor: traballa neste cadro cunha base de ocres e verdosos aos que engade azuis, vermellos, brancos ou amarelos, xunto co negro que lle serve para delimitar os perfís das figuras. Asinado no a.i.e.: "Souto". Foi mercada á Galería Citania en 1981. Pegatina no reverso: Macarrón, Madrid.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000321
Autoría: Arturo Souto Feijoo
Título: Natividade
Temas: 
Vida de Xesús
Data: 1930
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 60 cm Longo: 73 cm (sen marco) Alto: 77,5 cm Longo: 90,5 cm Fondo: 7 cm (con marco)
Materiais: 
Algodón
Localización: Casa da Cuncha