O creador
Xosé Luís de Dios González
Unha moza sentada a unha mesa, contempla o creador, ataviado coma un deus da mitoloxía grega, como a imaxe do Deus-Arquitecto, que está a construír unha peza a base de formas xeométricas básicas. Características da obra de Xosé Luis de Dios é o gusto por encher a superficie pictórica de figuras e obxectos sen deixar ningún espazo baleiro; este aparente caos dos obxectos contraponse coa organización xeométrica na composición. Inscrición en latín na parte inferior cara o centro: "QUOD NIHIL SCITVR", ("Que nada se sabe"), título de la obra del médico y filósofo renacentista Francisco Sánches". Sinatura e data no a.i.d. Inscricións no reverso: "José Luis de Dios/ [ilexible] 86/MOIHTHE"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000305
Título:
O creador
Temas:
Fantástico
Data:
1986
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 113,5 cm Longo: 94 cm Ancho: 5 cm (con marco) Alto: 80,5 cm Longo: 100 cm (sen marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Casa da Cuncha