O violín do artista / bodegón do sofá
Joan Abelló Prat é un autor coñecido pola súa polivalencia, pasando pola maioría das técnicas artísticas e sendo principalmente caracterizado polo pos-impresionismo con tendencia expresionista; emprega o que el denominou como “explosivismo”. Para crealo fai uso dunha explosión de cores moi vivas, xogando á súa vez coa perspectiva; céntrase en reflexar o esencial de cada elemento que representa: conseguir o máis importante. Para isto, encontramos elementos vivos como son as flores ou o paxaro. No fondo, observamos unha fiestra na que brilla unha lúa chea, deixando claro que nos encontramos nunha escena nocturna na que as cores se ven iluminadas por unha luz interna da casa.
Obra pertencente ao Contrato-Depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC