Ola
Recipiente de cerámica de forma pechada, de perfil simple e corpo de forma globular; asas a ambos lados da boca ao corpo con orientación vertical; base convexa. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1282
Título:
Ola
Dimensións:
Alto: 8 cm; diámetro máximo: 14 cm; diámetro de boca: 8 cm
Materiais:
Arxila
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
