Órgano

Manuel Sanz / Agustín Trasmonte

O órgano da Igrexa da Universidade foi cons­truído entre 1800 e 1802 polo mestre organeiro compostelán Manuel Sanz, para o Colexio de Capeláns de Sancti Spiritus, que celebraba entón os seus cultos no tem­plo. A caixa e o antepeito foi executada por Agustín Trasmonte e o pintado por Manuel de Porto.

Situado no coro alto da igrexa, no lado esquerdo, o órgano é de tipo polifónico con teclado único de xanela, e desta­ca polos seus vinte e catro xogos, que inclúen os frautados, címbalas, cornetas, trompetas reais ou claríns, entre outros. Se ben construído a comezos do século XIX, continúa a representar as característi­cas propias do órgano barroco español. Destaca, pola súa espectacularidade, a trompetería de fa­chada ou de batalla, cos seus tubos horizontais. É esta unha característica exclusiva do órgano ibé­rico, como tamén o é o denominado teclado par­tido que posúe este órgano e que permite, cun só teclado, combinar rexistros (e polo tanto sonoridades) diferentes, un rexistro da metade do teclado cara as notas máis agudas (para a man dereita) e outro cara as notas máis graves (para a man esquerda). Foi restaurado polo taller de organería de Gerhard Grenzing en 1998.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000060
Autoría: Manuel Sanz / Agustín Trasmonte
Título: Órgano
Data: 1802
Técnicas: 
Dourado
Talla
Materiais: 
Madeira