Os delitos do home

Xaime Quessada

Artista comprometido politicamente, Quessada serviuse das distintas técnicas artísticas como instrumento de denuncia, ben fose pintura, obra gráfica ou carteis. Neste caso, trátase dun gravado titulado "Os delitos do home" que denuncia a guerra e a tortura física ao presentarnos nunha celda as imaxes do que parece ser un home mutilado na parte superior e, na inferior, outro home atado e apilado sobre un montón de restos humáns.Asinado  no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000649
Autoría: Xaime Quessada
Título: Os delitos do home
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 90 cm Longo: 73 cm
Materiais: 
Papel