Os fascistas
Gravado pertencente á serie "Imaxe Surreal de Galicia", editada en 1977. Con eles pretendía contar a súa persoal historia de Galicia, reconstruíndo imaxes que ían desde os Oestrynnios, os Milesios, o Medulio, e a Idade Media ata a Idade Contemporánea. Nela emprega unha linguaxe persoal na que mestura ecos surrealistas, picassianos e goyescos. Artista comprometido polIticamente, emprega a arte como unha arma reivindicativa na que Quessada se opón á guerra, ao holocausto, á tortura; así vemos a un home atado de mans e a unha muller que ergue a cabeza e levanta os brazos en sinal de denuncia, que denota a influencia de Picasso ao igual que o minotauro que é o alter ego do pintor malagueño. Complétase o cadro con outra serie de seres fántásticos produto da imaxinación de Quessada. O espazo está perfectamente creado, en base a un rigor xeométrico creado polas liñas de profundidade que converxen no fondo, no cal aparecen dúas portas.